A contención das augas do Val do Salas por esta xigantesca mole de cemento asulagou unha inxente cantidade de Patrimonio Arqueolóxico. Cruzaremos o muro de formigón para chegar á “Casola do Foxo”, un pintoresco dolmen rodeado dunha fermosísima paisaxe de auga e picos montañosos. Entraremos nunha pista que circunvala o encoro, fixándonos nas curiosas formacións caóticas de bolos e bloques diaclasados ás que a auga vai modelando. Se nos atopamos en época estival, poderemos disfrutar do baño nas limpas augas do encoro de Salas, de momento libres de contaminación.
De igual xeito, en temporada de pesca o Salas proporcionaranos magníficas capturas de troitas e bogas aos pescadores experimentados. Novamente, atravesaremos o encoro na ponte de Guntumil, para acceder á necrópole megalítica de Outeiro de Covaladre, onde observaremos dous enterramentos neolíticos escavados na década dos 90 polo profesor José María Eguileta Franco. Logo continuaremos bordeando o encoro ata chegar a Maus de Salas, onde poderemos beber auga fresca e contemplar unha mostra da Arte Popular Galaica representada no cruceiro pétreo de As Maus. Se as augas do encoro están baixas, descenderemos ata o mesmo para explorar unha mámoa á que as augas foron descarnando para deixar á vista as súas entrañas neolíticas.
Dificultad Técnica : Facil
Distancia :12.75
Ruta Circular.



No hay comentarios:
Publicar un comentario